Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Palas de Rei estrea a restauración do seu pavillón polideportivo cunha achega de máis de 120.000 euros
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, salienta a necesidade desta intervención que repercutirá na imaxe e na funcionalidade do municipio que recibe cada ano a milleiros de peregrinos cara Santiago de Compostela
A Xunta comezará en marzo a posta en funcionamento dos caixeiros e dos servizos de asistencia financeira e formación no rural
Así o anunciou hoxe no Parlamento o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos
A Xunta dota ao centro de saúde de Outeiro de Rei de atención pediátrica diaria
O conselleiro de Sanidade vén de visitar o centro xunto co alcalde, José Pardo, para saudar á enfermeira especialista en enfermaría pediátrica que se incorpora para prestar asistencia durante toda a semana
A Xunta sinala que Radio Ecca consegue a inclusión sociolaboral de centos de persoas na cidade de Vigo
O Goberno galego destina 270.000 euros a esta asociación a través da orde de axuda a entidades e da orde con cargo ao 0,7% do IRPF
A Xunta aposta pola xestión sustentable da actividade agrogandeira en toda Galicia e na Limia en particular
José González explicou que se Galicia non ten declaradas zonas vulnerables por contaminación por nitratos é debido a que previamente é necesaria a declaración de masas de auga afectadas, que no caso da Limia é competencia estatal
Feijóo propón un pacto polo aproveitamento dos recursos naturais da comunidade que busque a autonomía enerxética de Galicia e o equilibrio ambiental
Afirma que a Xunta seguirá apostando por unha planificación ordenada e previsible
A Xunta participa no acto de constitución da mesa de coordinación contra a violencia de xénero de Brión
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, destacou o importante paso dado por Brión ao contar desde hoxe cun órgano que traballará na detección precoz da violencia de xénero, na atención áxil ás vítimas e na sensibilización da veciñanza
Galicia rexistra un total de 22.834 casos activos por coronavirus
Un total de 464.890 pacientes xa están curados
A Xunta convoca preto de 1 M€ de fondos Next Generation para protexer os viveiros de pragas e para mellorar os centros de desinfección de vehículos de transporte de gando
O DOG publica hoxe as que son as primeiras axudas convocadas pola Consellería do Medio Rural ao abeiro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, que permitirán consolidarnos como referentes en sanidade animal e vexetal