Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

21/02/22 | 12:52

A Xunta ofrecerá este ano unha trintena de axudas e incentivos no eido da vivenda para poñer á disposición de particulares, concellos e promotores máis de 150 M€

Ángeles Vázquez subliña a oportunidade que supoñen estes fondos para facilitar o acceso dos cidadáns a un fogar tanto en réxime de propiedade como en alugueiro e fomentar á vez as actuacións de rehabilitación do patrimonio xa construído

21/02/22 | 12:51 | C. do Medio Rural

A Xunta permite solicitar de novo os permisos para realizar queimas de restos agrícolas e forestais amoreados

Estas tarefas permanecían suspendidas ata o de agora debido ás condicións meteorolóxicas

21/02/22 | 12:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Fernández-Tapias comproba o resultado das obras de rehabilitación integral do IES Santa Irene tras un investimento de 1,2 millóns de euros

A delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, supervisou as actuacións de mellora enerxética, accesibilidade e mantemento realizadas no instituto vigués

21/02/22 | 12:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 1,2 millóns de euros as obras de mellora da seguridade na estrada autonómica PO-330 en Valadares e Pereiró, en Vigo

Acometerase unha intervención integral en 7 km da estrada Vigo-Vincios, nunha zona moi urbanizada e concorrida, co fin de reforzar a seguridade viaria e de mellorar a mobilidade, tanto rodada como a pé

21/02/22 | 12:44

A Xunta avalía o impacto das tecnoloxías emerxentes no mercado laboral e identifica os traballos que se están a transformar para adaptar a oferta formativa

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, presentou hoxe na Coruña as conclusións dun estudo feito polo departamento autonómico no que se analizaron 15 sectores económicos estratéxicos para Galicia e 14 tecnoloxías emerxentes

21/02/22 | 12:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense supervisa a execución das obras da senda na travesía de Trasariz, en Cenlle, nas que a Xunta inviste máis de 170.000 €

Estase a executar unha senda peonil ao longo de 450 metros de lonxitude que une o tramo antigo na N-120 co núcleo de Trasariz

21/02/22 | 11:45

A Xunta inicia en marzo a rolda de contactos directos cos concellos nas Fragas do Eume para implicalos no Plan de xestión do parque

O Goberno galego agarda a colaboración de Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes para identificar as entidades, asociacións e organizacións do seu termo municipal a ter en conta para os futuros encontros

21/02/22 | 11:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 300.000 euros as obras da segunda fase da mellora da rede de abastecemento de auga a Castro de Rei

Melloraranse as condicións de presión na rede de abastecemento no núcleo de Castro de Ribeiras de Lea e no polígono industrial, para evitar problemas de abastecemento en época estival

21/02/22 | 10:50 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 25.970 casos activos por coronavirus

Un total de 458.468 pacientes xa están curados

21/02/22 | 10:33 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 52 persoas por 38 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 18 de febreiro ata as 23,59 horas do domingo, 20 de febreiro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 49 chamadas por accidentes de tráfico