Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 28027 novas:

21/02/22 | 14:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica obras de mellora da rede de saneamento da estación de bombeo de augas residuais de Carracido, no concello de Valga

Os traballos, que suporán un investimento autonómico de preto de 50.000 euros, contan cun prazo de execución de 3 meses

21/02/22 | 14:03

A Xunta inviste 120.000 euros na mellora de infraestruturas do porto de Burela

A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, e o delegado territorial en Lugo, Javier Arias, comprobaron as obras realizadas, que incluíron a instalación de novos brazos de amarre en dous pantaláns e a renovación das portas dos departamentos do punto limpo tipo A

21/02/22 | 14:00 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García sinala que o traballo das entidades sociais de Ourense fala dunha cidade solidaria e comprometida

As organizacións que visitou traballan no eido das persoas con alzhéimer, como Afaor; o dano cerebral, como Renacer; a protección á infancia, como é o caso de BaoQuivi; as mulleres en situación de vulnerabilidade, como a Asociación de Viudas María Andrea; e a discapacidade, como Aixiña

21/02/22 | 13:59

A Xunta inviste 2M€ para impulsar o emprego estable en pequenas empresas de nova creación e iniciativas de base tecnolóxica

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases dos dous programas cos que se aspira a apoiar a 350 empresas e autónomos de Galicia en 2022

21/02/22 | 13:58 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Margarita Ledo Andión recibirá o premio de honra Fernando Rey da Academia Galega do Audiovisual

Román Rodríguez destaca da homenaxeada a súa figura referente da cultura e pioneira no ámbito audiovisual como docente, investigadora e cineasta comprometida coa lingua e o feminismo

21/02/22 | 13:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por case 1,3 M€ as obras de mellora do saneamento en 5 novos núcleos das parroquias de San Mamede e de Santa Cruz de Ribadulla, en Vedra

Vázquez Mourelle explica que se prevé comezar as obras a finais de verán e telas rematadas no 1ª cuadrimestre de 2023, xa que contan cun prazo de 7 meses

21/02/22 | 13:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta investiu máis de 107.000€ na mellora das infraestruturas turísticas dos concellos de Abegondo, Curtis, Miño e Vilasantar

A Xunta ten aberta as axudas para o 2022 para actuacións de mellora das infraestruturas turísticas coas que o Goberno galego avoga pola consolidación do turismo nas zonas rurais a través da posta en valor da súa riqueza histórica, cultural, patrimonial e paisaxística

21/02/22 | 13:23 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca un investimento de case 70 M€ para dar un novo pulo á competitividade das empresas do agro e á remuda xeracional

Precisa que ata o 7 de marzo estará aberto o prazo da nova convocatoria de axudas para a transformación e comercialización; e ata o 9 de marzo o período de solicitude das axudas para a incorporación de mozos ao agro e para plans de mellora e pequenas explotacións

21/02/22 | 13:19 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que o éxito dos tres novos coworkings en Ourense está garantido con preto de 60 proxectos xa inscritos

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, presentou os novos espazos de emprendemento que se van desenvolver na comarca de Valdeorras (A Rúa); a Mancomunidade do Carballiño (con sede no Irixo) e Tecnópole (en San Cibrao das Viñas), que seguen abertos á presentación de solicitudes

21/02/22 | 13:08 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina preto de 210.000 euros a melloras nos Xulgados de Noia

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, explicou que a Xunta segue avanzando no compromiso coas dotacións da Administración de Xustiza