Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 352 novas da área temática Novas tecnoloxías:

17/12/22 | 12:15

Galicia contribúe á mellora da fabricación de materiais compostos de utilidade no sector marítimo-pesqueiro a través da formación dixital

O Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar participa no proxecto europeo Ditmep, que pretende xerar novas capacidades dixitais sobre as metodoloxías, tanto para formadores como para alumnos

15/12/22 | 13:42 | C. de Economía e Industria

A Xunta ampliará a oferta de actividades de fomento das vocacións científicas en Ferrol para 2023

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, asistiu esta mañá no CIS Tecnoloxía e Deseño a dous obradoiros do Programa D´tec, nos que participou alumnado de bacharelato do IES Moncho Valcarce

08/12/22 | 10:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta impulsa un proxecto piloto para a eliminación do aluminio nas augas de consumo humano nos sistemas de abastecemento autónomo de Galicia


Porase en marcha unha planta experimental no concello de Oia para a eliminación de aluminio nunha traída seleccionada, incluíndo a análise da auga de distintos pozos de barrena localizados no entorno dos puntos de captación

05/12/22 | 17:36 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta destaca a implicación de toda Galicia e o traballo coordinado do nodo como claves para a designación da Coruña para acoller a AESIA

A presenza da sede en Galicia reforzará os obxectivos da Estratexia Galicia Dixital 2030 de atraer infraestruturas e entidades de referencia, así como de reter e atraer talento dixital
 

29/11/22 | 20:09 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; C. de Facenda e Administración Pública

Os galegos e galegas de 16 a 34 anos superan a media estatal no uso de internet e do comercio electrónico

Cómpre destacar o crecemento no acceso á rede das persoas de entre 64 e 74 anos, que supera o 70 %, e crece o dobre que a media estatal no último ano

18/11/22 | 12:58 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca os proxectos estratéxicos que combinan innovación e sustentabilidade coa posta en valor dos piares tradicionais da economía galega

Garante o apoio da Xunta a empresas como a planta de biometano de Agroamb, declarada Iniciativa Empresarial Prioritaria

15/11/22 | 15:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

Fernández-Tapias destaca o talento innovador de Galicia na VI edición dos premios Spin-Off PuntoGal

A delegada territorial da Xunta en Vigo participou hoxe na entrega dos galardóns aos proxectos máis innovadores no ámbito universitario convocados por Gciencia

15/11/22 | 14:15 | C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

O presidente da Xunta destaca a mellora do CEIN de DXC Technology como proba da aposta de Galicia pola intelixencia artificial da man do talento e da iniciativa privada

Resalta que a consolidación e expansión do centro, que pasou en seis anos de 50 a 150 traballadores, demostra que a Comunidade é un referente no eido da tecnoloxía de vangarda e da analítica de datos

10/11/22 | 16:08 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta destaca o papel da ciberseguridade no desenvolvemento e uso das tecnoloxías intelixentes

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, clausurou este mediodía o II Encontro Galego de Ciberseguridade, CIBER.gal