Alumnado do grao de Robótica da USC coñece o funcionamento das ferramentas tecnolóxicas empregadas na prevención e extinción de incendios

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2024

A Dirección Xeral de Defensa do Monte, dependente da Consellería do Medio Rural, vén de organizar unha clase práctica para os alumnos da materia Robótica aplicada ao medio forestal e natural, impartida no grao de Robótica da Universidade de Santiago de Compostela. O alumnado trasladouse ata o monte de Begonte, na provincia de Lugo, onde seis integrantes da Unidade Técnica de Apoio (UTA) amosaron as capacidades do dispositivo.

O persoal da UTA compartiu cos alumnos as funcionalidades do Posto de mando avanzado, explicoulles en que consisten os incendios forestais de sexta xeración e amosoulles o funcionamento do dron que opera na Unidade e a súa aplicación na prevención e extinción de incendios. Ademais, ensináronlles algunhas das ferramentas empregadas polo servizo, como o software Xeocode, utilizado na xestión dos medios e do dron en caso de lume, que tamén permite e facilita a análise dos incendios.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/03/2024