Ana Ortiz destaca a importancia da doazón e o traballo de Adrovi para sensibilizar á poboación no Día Mundial do Ril

A delegada da Xunta participou nos actos organizados pola Asociación de Doantes e Receptores de Órganos de Vigo con motivo do Día  Mundial do Ril

Vigo, 14 de marzo de 2024

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, sumouse hoxe no Centro Vialia aos actos de celebración organizados pola Asociación de Doantes e Receptores de Órganos de Vigo (Adrovi) con motivo do Día Mundial do Ril, que se conmemora este xoves.

A representante autonómica animou á cidadanía a participar nas doazóns e destacou o traballo de Adrovi para sensibilizar á poboación con actos como o celebrado este 14 de marzo no Centro Vialia para divulgar e informar sobre a doazón.

No mesmo participaron tamén o presidente de Adrovi, Celso García; a directora da Axencia Galega de Sangue, Órganos e tecidos (ADOS), Marisa García López, a concelleira Yolanda Aguiar, a enfermeira Pilar Ruíz, o enfermero de diálisis de Ribera salud, Víctor Platas, e o doutor José Sobrado, nefrólogo do Hospital Vithas. Tamén participaron nos actos 50 alumnos de ciclos do Colexio Vivas de Viog.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/03/2024