O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde que fixa a redución de prezos para estas familias de especial consideración

As familias de acollida beneficiaránse de descontos de ata o 50% nos programas e servizos da área de Xuventude

Os membros destas familias desfrutarán das mesmas vantaxes que xa teñen as numerosas e as monoparentais

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2024

A Xunta de Galicia aplicará ás familias acolledoras os mesmos descontos que ás numerosas e ás monoparentais nos programas e servizos que teñen lugar nos seus campamentos, albergues, instalacións e residencias xuvenís. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a modificación da orde  que regula estes prezos.

A orde establece que os membros das familias acolledoras poderán ter un desconto de ata un 50% sobre os prezos das actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado nos seus programas.

Esta medida enmárcase nas medidas de apoio do Goberno galego ás familias de especial consideración, como son as numerosas, as monoparentais e as acolledoras.

Data de actualización: 22/03/2024