A delegada da Xunta en Vigo mantén unha xuntanza de traballo coa Unión Musical de Valladares
A delegada da Xunta en Vigo mantén unha xuntanza de traballo coa Unión Musical de Valladares
2024-03-25
/documents/35297/773459/Valladares.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Vigo, 25 de marzo de 2024
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, mantivo este luns unha xuntanza de traballo co presidente da Banda Escola de Música e á Banda Unión Musical de Valladares, Antonio Costas.
Durante o encontro a representante autonómica coñeceu a actividade da escola, que realiza formación en música en movemento, linguaxe musical e especialidades instrumentais para alumnos a partir dos 4 anos. Igualmente, o responsable do colectivo expuso as actividades e iniciativas que levarán a cabo durante o ano 2024.
Data de actualización: 25/03/2024