A Xunta colabora un ano máis coa Moexmu de Muimenta, que celebra a súa 40ª edición esta fin de semana

Cospeito (Lugo), 01 de abril de 2024

A Xunta colabora un ano máis coa Mostra Exposición de Muimenta (Moexmu), que celebra esta fin de semana -do 5 ao 7 de abril - a súa 40ª edición. A secretaria territorial da Administración autonómica, Marta Barreiro, participou hoxe nesta localidade de Cospeito na presentación do programa, que inclúe o 38º concurso de Gando Frisón; a 38º exposición de Raza Rubia; a 28ª poxa de Gando Selecto ou o 23º certame de Xóvenes Manexadores de Gando. Tamén haberá outras actividades paralelas e estarán presentes os postos de maquinaria, artesanía e produtos galegos de calidade.

O Goberno galego colabora coa celebración. As actividades desenvolveranse como é habitual no recinto feiral Manuel Vila López de Muimenta, recentemente reformado co apoio da Xunta, que achegou 70.000 euros a través dun convenio co Concello de Cospeito.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/04/2024