A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu hoxe ao obradoiro que tivo lugar neste centro de ensino

A Xunta dá a coñecer a alumnado do IES Ánxel Fole experiencias de éxito co programa Talento Mozo

O gandeiro e empresario Xabi Paz e a xogadora do Ensino de Baloncesto Esther Castedo compartiron as súas experiencias e responderon ás dúbidas dos estudantes

Lugo, 4 de abril de 2024

O programa ‘Talento Mozo’ da Xunta de Galicia chegou hoxe ao IES Ánxel Fole de Lugo. O alumnado deste centro escoitou as experiencias persoais do gandeiro e empresario Xabi Paz e da xogadora do Ensino de Baloncesto Esther Castedo nunha charla na que tamén participou a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel.

A directora xeral explicou que a través desta iniciativa, o Goberno galego quere dar visibilidade á creatividade, empuxe, potencial e capacidade de innovación que ten a xente moza. Con este obxectivo, estanse a facer coloquios nos centros de secundaria galegos para presentarlle ao alumnado casos de éxito da mocidade e promover que sirvan de referencia. 

 

Os convidados a estas charlas tamén dan resposta ás dubidas que o alumnado poida ter á hora de escoller estudos superiores e sobre  a súa posterior inserción no mercado de traballo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/04/2024