A Xunta pon en valor os avances logrados coa poboación xitana durante a conmemoración do Día Internacional do Pobo Xitano en Lugo

Lugo, 8 de abril de 2024

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou hoxe a sede de Fundación Secretariado Gitano en Lugo con motivo da conmemoración do Día Internacional do Pobo Xitano. Durante a visita puido coñecer o funcionamento dos seus programas de inclusión residencial e de inserción ao emprego e puxo en valor os avances logrados nos últimos anos para unha mellor convivencia.

O Goberno galego colabora coa Fundación a través das ordes de axuda con cargo ao 0,7 % do IRPF e tamén a través de dous convenios específicos para a posta en marcha do programa Acceder e de inclusión residencial. En total, a Xunta destina cada ano máis de 350.000 euros a esta entidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/04/2024