A Xunta comeza as obras de mellora do firme na estrada PO-531 en Pontevedra, que farán necesarios cortes de carrís en horario nocturno desde hoxe

Trátase da execución dunha reparación puntual de firme nesta estrada autonómica, entre os puntos quilométricos 0+350, na Barca, e 1+550, no Bao

Esta actuación conta cun investimento autonómico de máis de 48.000 €

Para reducir no posible as molestias, os traballos serán nocturnos, entre as 22 e as 8 horas con cortes parciais de carrís de circulación e durante unha semana

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2024

A Xunta comeza as obras de mellora do firme na estrada PO-531 en Pontevedra, que farán necesario cortes de tráfico nocturnos desde hoxe.

Trátase da execución dunha reparación puntual de firme nesta estrada autonómica, entre os puntos quilométricos 0+350 (A Barca) e 1+550 (O Bao), no concello de Pontevedra.

Esta actuación conta cun investimento de máis de 48.000 € e está a desenvolverse estes días, dadas as axeitadas condicións meteorolóxicas.

Esta estrada rexistra unha importante intensidade de tráfico, polo que para reducir no posible as molestias, os traballos serán nocturnos, entre as 22:00 e as 08:00 horas con cortes parciais de carrís de circulación e durante unha semana.

Data de actualización: 17/04/2024