Activo un incendio forestal no concello ourensán de Entrimo, parroquia de A Pereira

O lume iniciouse ás 18,30 horas de hoxe e afecta unha superficie de 2,5 hectáreas dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés

Santiago de Compostela, 17 de  abril de 2024 A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal, activo arestora, que afecta ao Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés, na parroquia de A Pereira, no concello ourensán de Entrimo.

O lume iniciouse ás 18,30 horas de hoxe e afecta unha superficie estimada de 2,5 hectáreas. Polo de agora, mobilizáronse para a súa extinción 1 técnico, 2 axentes, 5 brigadas, 3 motobombas, 2 avións e 2 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Data de actualización: 17/04/2024