O presidente da Autoridade portuaria de A Coruña, Martín Fernández, imparte unha conferencia maxistral na Casa de Galicia

Madrid, 18 de abril de 2024

O director da Casa de Galicia en Madrid, Javier Vázquez, participou na conferencia "O porto da Coruña: presente e futuro", impartida por Martín Fernández Prado, presidente da Autoridade Portuaria de A Coruña, e organizada pola Real Orde de Cabaleiros de María Pita.

Martín Fernández, arquitecto pola Universidade de Navarra e doutor con premio extraordinario, realizou estudos de posgrao na Bartlett School of Architecture e completou un Máster en Urbanismo en Harvard University.  Foi profesor de proxectos no Boston Architectural Center, e profesor de Urbanismo na Escola de Arquitectura da Coruña (UDC).

Os seus campos principais de investigación e publicación son sobre axendas e estratexias urbanas e Smart Cities. Foi Director Xeneral de Urbanismo e Ordenación do Territorio no X Goberno Galego (2003-05);  concelleiro do Concello da Coruña (entre 2011 e 2019, e en 2020), e responsable de urbanismo, vivenda e infraestruturas (2011-15).

Desde decembro de 2020 é Presidente da Autoridade Portuaria de A Coruña, e na Casa de Galicia, impartiu unha maxistral conferencia nun salón que quedou pequeno para escoitar as posibilidades do Porto de A Coruña e a transformación que nesta se produciu nos últimos anos. 

Martín Fernández analizou as posibilidades de negocios e os retos futuros aos que se enfronta o porto, e os aspectos máis lúdicos e humanos que fan do Porto da Coruña santo e seña da cidade herculina. “A Coruña non se entende sen o porto, nin o porto enténdese sen A Coruña”, dixo o arquitecto lucense.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/04/2024