Actualidade

Buscador de novas
Buscar anteriores 6 meses
Filtrar por área temática:
Filtrar por departamento:
Filtrar por data:
Ten dispoñibles para consulta 70 novas da área temática Portos :
19/09/23 | 17:17  | C. do Mar

A Xunta inviste 100.000 € na renovación do pavimento dos pantaláns do porto de Baiona como estaba previsto no plan autonómico

O presidente de Portos de Galicia visitou as instalacións nas que se están a executar os traballos, enmarcados nun programa para diversas instalacións da comunidade cun orzamento global de 1,2 millóns de euros

12/09/23 | 13:50  | Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta promocionará a imaxe turística de Vigo con actividades no porto durante a histórica xornada de cruceiros

A delegada da Xunta en Vigo mantivo este martes o primeiro encontro oficial co novo presidente do Porto, Carlos Botana
 

06/09/23 | 15:14  | C. do Mar

A Xunta destina máis de 220.000 euros á ampliación e mellora da nave de redes do porto de Bueu

Portos de Galicia iniciou o procedemento para a contratación das obras que permitirán renovar a cuberta do edificio e habilitar novos espazos

06/09/23 | 14:30  | C. do Mar

A Xunta saca a concurso a explotación dunha planta de cultivos mariños no porto de Tragove, en Cambados

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio para o outorgamento dunha concesión por un prazo máximo de 50 anos

01/09/23 | 13:14  | Vicepresidencia Segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda; C. do Mar

A Xunta garante que coa entrada en vigor da Lei do litoral Cambados xa pode seguir adiante co plan especial da zona portuaria

Ángeles Vázquez anima ao Concello a retomar a tramitación do proxecto impulsado en 2014 para desenvolver o porto de Tragove e San Tomé e subliña que o novo marco normativo galego regula como actividades estratéxicas do dominio público as instalacións ligadas á cadea mar-industria, polo que “xa non hai obstáculos”

23/08/23 | 15:04  | C. do Mar

A Xunta destaca o labor da Autoridade Portuaria da Coruña a prol de achegar os peiraos á cidadanía e mostrar a súa importancia socioeconómica

Alfonso Villares enxalzou a dimensión internacional do peirao herculino, que é un dos grandes centros loxísticos do Atlántico e líder do noroeste peninsular en tráfico de cruceiros

03/08/23 | 19:38  | C. do Mar

A Xunta apoia con máis de 1,5 M€ un total de 85 proxectos de eficiencia enerxética e melloras a bordo dos buques pesqueiros

O Executivo galego destina estas achegas a mellorar a hixiene, a saúde, a seguridade e as condicións de traballo dos profesionais embarcados, así como á eficiencia no consumo de combustibles para mitigar o cambio climático mediante medidas como o cambio de motores, entre outros aspectos

03/08/23 | 09:01  | C. do Mar

A Xunta ultima a estratexia para salvagardar e poñer en valor o conxunto do patrimonio marítimo galego

O titular de Mar sinala que está en fase moi avanzada o Plan da Cultura Marítima de Galicia Horizonte 2030, composto por un centenar de medidas

Busca avanzada
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados
Ordenar
Número de resultados por páxina: