Extinguido o incendio forestal do concello lucense da Fonsagrada, parroquia de Pacios

O lume afectou unha superficie de 65 hectáreas, das cales 50 corresponden a monte raso e as 15 restantes a arborado

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2024

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello lucense da Fonsagrada, parroquia de Pacios, quedou extinguido as 15,35h de hoxe e afectou unha superficie de 65 hectáreas, das cales 50 corresponden a monte raso e as 15 restantes a arborado.

O lume iniciouse ás 22,32 h. da noite pasada e para a súa extinción mobilizáronse 1 técnico, 3 axentes, 13 brigadas, 8 motobombas e 1 tractor.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Data de actualización: 18/04/2024