A Xunta patrocina a XI Subida a Taboada, que abre o 27 de abril o Campionato Galego de Rallyes de Montaña

Taboada (Lugo), 19 de abril de 2024

A Secretaría Xeral para o Deporte patrocina a XI Subida a Taboada, presentada hoxe no Concello taboadés; disputarase os días 27 e 28 de abril na citada localidade e inaugurará o calendario anual do Campionato Xunta de Galicia de Rallyes de Montaña.

A Escudería Taboada recuperou con éxito esta proba durante a pasada tempada, logo de 17 anos sen celebrarse, e nesta ocasión aspira a seguir medrando e consolidando o seu papel no marco da Copa galega.

A cita contribúe a aumentar a afección ao mundo do motor na provincia e o peso de Galicia nunha modalidade na que xa é referente, sendo a segunda comunidade en número de licenzas federativas e a terceira en número de clubs. A Xunta contribúe a esta puxanza a través do convenio de colaboración coa Federación Galega de Automobilismo e o patrocinio de eventos concretos como o de Taboada.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/04/2024