A Xunta avalía coa asociación sectorial da Coruña a situación do mercado da madeira na nosa comunidade

Vedra (A Coruña), 19 de abril de 2024

O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, asistiu este mediodía á clausura da asemblea xeral ordinaria da Asociación  Provincial de Industrias da 1ª Transformación da Madeira da Coruña (Apralco). Neste acto, o director xeral fixo un repaso á situación xeral do sector forestal dentro e fóra de Galicia e, de maneira particular, á do mercado da madeira na nosa comunidade. Ademais, puxo en valor o importante papel que desempeñan as asociacións sectoriais como interlocutoras coa Administración e na defensa dos intereses dos seus membros.

Nesta liña, fixo tamén fincapé na relevancia da colaboración público-privada para afondar en ámbitos como a dixitalización e a simplificación administrativa, claves para o cumprimento da nova normativa estatal e europea, cuxa próxima aplicación foi avaliada neste encontro.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 19/04/2024