Fabiola García e María Martínez Allegue asisten aos cuartos de final da liga de balonmán feminino

O Porriño (Pontevedra), 28 de abril de 2024

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, asistiron ao partido dos cuartos de final dos play-off da Liga Guerreras Iberdrola de balonmán feminino entre BM Porriño e Atlético Guardés. 

O Goberno galego amosa o seu apoio aos dous equipos por situar o deporte feminino galego en tan alto nivel. Previamente, a conselleira de Política Social e Igualdade asistiu tamén á entrega de premios da carreira ‘OP.10K’ no Porriño.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 28/04/2024