Fabiola García agradece a Aspanais por ofrecer “o calor dunha gran familia” a todos os seus usuarios e familiares

Lugo, 27 de abril de 2024

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, agradeceu a ASPNAIS por ofrecer “o calor dunha gran familiar“ a todos os seus usuarios e familiares. Fíxoo durante o tradicional xantar que esta entidade organiza na cidade de Lugo, no que estivo acompañada do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e no que tamén agradeceu o seu traballo diario por contribuír a construír unha rede de atención ás persoas con discapacidade desta provincia.

Fabiola García sinalou que o Goberno galego está o carón de todo o tecido social galego ofrecendo axudas e apoio para que poidan achegar os seus programas a máis persoas. Neste sentido, destacou que gracias á implicación e o compromiso de entidades como ASPNAIS a nosa Comunidade estase consolidando como un lugar aínda mellor para vivir, un lugar máis inclusivo e xusto.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/04/2024