Diego Calvo asiste en Riazor á final da Champions League do Hockey Feminino

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta mañá no Palacio dos Deportes de Riazor á final da WSE Champions League entre o CP Vila-sana Coop. d’Ivars e o CP Esneca Fraga, coronándose estas últimas como campionas de Europa. O HC Coruña converteuse en anfitrión da máxima competición europea do hockey feminino e tamén participou nesta final four, que contou con catro equipos españois da OK Liga Iberdrola, pese a que, tanto o HC Coruña como o Generali HC Palau, non puideron chegar á cita de hoxe ao quedaren eliminadas nas semifinais de onte.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 28/04/2024