Gómez Caamaño destaca o labor da Asociación Española contra o Cancro na mellora da calidade de vida dos pacientes oncolóxicos

O conselleiro de Sanidade recibiu esta mañá na praza do Obradoiro aos pacientes, familiares e voluntarios que completaron as últimas cinco etapas do Camiño Inglés

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2024

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, e a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, recibiron está mañá na praza do Obradoiro aos pacientes oncolóxicos, familiares e voluntarios da Asociación Española contra o Cancro que culminaron na xornada de hoxe a súa peregrinaxe até Compostela.

Durante os últimos fins de semana, pacientes oncolóxicos de toda a provincia da Coruña completaron as cinco últimas etapas do Camiño Inglés, que separan as cidades de Ferrol e Santiago.

Así, o conselleiro de Sanidade destacou o labor que desenvolve a AECC en todo o territorio nacional, poñendo en valor iniciativas como “Ultreia”, que este ano cumpre a súa segunda edición, e coa que se incide na mellora da calidade de vida dos pacientes oncolóxicos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 28/04/2024