Ana Ortiz mantén unha reunión coas fundadoras da Feira Vegana.gal que volverá a Vigo en outubro

Vigo, 29 de abril de 2024

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, recibiu este luns a Patricia Menéndez e Tamara Posada, cofundadoras da feira Vegana.gal que volverá a celebrarse en Vigo o vindeiro mes de outubro. Esta asociación ven  de celebrar a terceira edición do evento en Madrid e xa traballan na cuarta edición, que será de novo no Instituto Feiral de Vigo (Ifevi) os días 26 e 27 de outubro de 2024.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 29/04/2024