A Subdelegación de Defensa traerá á Delegación Territorial da Xunta en Lugo a exposición ‘Enredado na miña cabeza’

Lugo, 29 de abril de 2024

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acollerá o vindeiro mes a exposición Enredado na miña cabeza, que organiza a Subdelegación de Defensa. Así o acordaron hoxe nunha reunión o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias; o subdelegado de Defensa, Juan José Fernández Arrojo, e o xefe do Órgano de Apoio da institución, Enrique García González.

A mostra inaugurarase o 9 de maio e permanecerá ata o día 16. Chega a Lugo despois de recalar en preto de 70 localidades españolas e reúne unha colección de máis de 200 prendas, especialmente gorros, boinas ou cascos, dos diferentes corpos das Forzas Armadas e a Garda Civil.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 29/04/2024