Xunta e Autoridade Portuaria analizan os retos de futuro do porto coruñés

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, participou no seu primeiro encontro institucional co Presidente da Autoridade Portuaria da Coruña, Martín Fernández Prado

A Coruña, 29 de abril de 2024

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, mantivo, está mañá, o seu primeiro encontro institucional como nova delegada, co Presidente da Autoridade Portuaria da Coruña, Martín Fernández Prado.

Na reunión abordaron os retos que afrontan ambas administracións de cara o futuro entre os que destaca a definición da futura fachada marítima da Coruña. A representante do Goberno autonómico resaltou que estamos ante un debate  que necesita "un acordo amplo".

A delegada  referiuse tamén a importancia do porto coruñés para a cidade herculina e para Galicia e á necesidade de seguir potenciando esta infraestrutura, arredor da que se desenvolven proxectos como Green Port, co que a Autoridade Portuaria da Coruña está a realizar importantes accións en eidos como o dos combustibles verdes -hidróxeno ou amoníaco- e a fabricación de compoñentes de eólica mariña para a súa exportación.

Outro dos temas abordados no encontro foi a importancia do sector pesqueiro e os retos de futuro que afrontan como un dos principais motores económicos da cidade.

Imaxes relacionadas

Departamento:
C. do Mar
Data de actualización: 29/04/2024