José López Campos asiste á toma de posesión de Lara Meneses como directora xeral de Xuventude

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2024 O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asistiu esta mañá á toma de posesión de Lara Meneses Álvarez como directora xeral de Xuventude.

Graduada en Estudos Franceses e máster en tradución, substitúe no cargo a Cristina Pichel Toimil , responsable desta área desde decembro 2018. Nada en Tomiño (Pontevedra), ten 26 anos e traballou en labores vencelladas á súa formación no sector privado. Ata este intre, estaba a desenvolver a súa actividade profesional no Gabinete da Presidencia do Parlamento de Galicia, no Departamento de comunicación e prensa.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/05/2024