O delegado da Xunta e o presidente da APEC analizan a situación do sector da construción en Lugo

Lugo, 3 de maio de 2024

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, mantivo hoxe unha primeira reunión institucional co presidente da Asociación Provincial de Empresarios da Construción, José Manuel Rodríguez Espiñeira, para analizar a situación do sector na provincia e os seus retos máis inmediatos.

Arias apuntou que os orzamentos autonómicos para este exercicio contemplan importantes investimentos en obra pública, entre os que destacou os máis de 35 M€ destinados a infraestruturas viarias lucenses. Tamén abordaron a colaboración en materia de formación, con instrumentos como o convenio entre a Xunta e a Fundación Laboral da Construción para impartir cursos relacionados con especialidades do sector dirixidos a traballadores desempregados.

Data de actualización: 03/05/2024