O conselleiro de Sanidade recibe á Asociación de pais de persoas con parálise cerebral da Coruña

Antonio Gómez Caamaño agradece a colaboración de Aspace na atención integral aos pacientes e ás súas familias

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2024

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, recibiu nos últimos días á presidenta da Asociación de pais de persoas con parálise cerebral (Aspace) da Coruña, Carmen Barreiro, e ao xerente da entidade, Ricardo Iglesias.

Neste primeiro encontro trataron a boa coordinación con profesionais da área sanitaria coruñesa e as posibilidades de mellorar no futuro. Ademais, tanto o conselleiro como os responsables de Aspace Coruña emprazáronse a unha próxima reunión coa Federación Aspace Galicia.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/05/2024