O secretario xeral da Lingua participa na lectura continuada en homenaxe a Nélida Piñón

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou na lectura continuada en homenaxe a Nélida Piñón que se celebrou esta tarde no Auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura.

A Associaçom Galega da Língua (Agal) organizou unha homenaxe á escritora Nélida Piñón cunha lectura pública continuada da súa obra A república dos soños os días 3 e 4 de maio.

Esta actividade contou tamén coa coorganización da Academia Brasileira das Letras, xa que a lectura comezó en Río de Janeiro o día 3 e continuará en Santiago, na Cidade da Cultura, ata o día 4. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/05/2024