O delegado territorial e o alcalde de Baralla valoran vías de colaboración para proxectos de interese municipal

Lugo, 6 de maio de 2024

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo hoxe unha xuntanza de traballo co alcalde de Baralla, Miguel González Piñeiro, para valorar posibles vías de colaboración en proxectos de interese para o municipio.

Arias destacou que a coordinación entre as administracións autonómica e local é fundamental para garantir a eficaz prestación dos servizos públicos, especialmente nos  concellos rurais e con menor poboación, que dispoñen de menos recursos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/05/2024