María Martínez Allegue aborda co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia as liñas de colaboración mutua

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2024

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo unha reunión de traballo coa directiva do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), encabezada polo decano Luciano G. Alfaya, na que se abordaron as liñas de colaboración mutua.

Nesta reunión, na que tamén participaron por parte da entidade colexial a secretaria, Mª Luisa Pierres e a vogal técnica de Rehabilitación e Visado, Lucía Fernández, se fixo un repaso polos convenios que desenvolve conxuntamente Xunta e COAG en materia de urbanismo. 

No encontro tamén se amosou a máxima vontade de cooperación activa entre a Xunta e o COAG.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 07/05/2024