A Xunta destaca a importancia de contar con ferramentas de información para erradicar a violencia sexual no ámbito dixital

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2024

O director xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, Roberto Barba, participou esta mañá na presentación da Guía sobre ‘Violencia sexual dixital cara ás nenas e mulleres con discapacidade’ da Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia (Acadar). Durante o evento destacou a importancia de que a sociedade no seu conxunto conte con ferramentas coma esta que permitan coñecer, previr, identificar e erradicar calquera tipo de violencia sexual.

Neste sentido, Roberto Barba puxo o foco en que o ámbito dixital é na actualidade un dos principais escenarios de violencia nos que é preciso actuar. Neste sentido, lembrou que esta guía permitirá que tanto as propias mulleres e nenas con discapacidade, como todas as persoas do seu entorno conten con información para saber como actuar nestas situacións e contar co asesoramento para denunciar posibles casos de violencia.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 07/05/2024