A delegada da Xunta en Ferrol clausura no campus industrial a xornada ‘Moda inclusiva, Moda-b’

Ferrol, 8 de maio de 2024

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, clausurou esta tarde a xornada Moda inclusiva, Moda-B, sobre a adaptación da moda ás circunstancias psicomotrices das persoas con diversidade funcional. Na súa intervención Aneiros puxo o aceno no auxe que está a adquirir o sector da moda “un dos principais motores industriais da economía da nosa comunidade” e destacou a importancia da celebración de eventos coma este que “aportan valor á formación do alumnado e contribúen a poñer o foco de atención nas necesidades dun sector da poboación ao que temos que dar resposta”, dixo.

O evento, que terá continuidade mañá cun desfile de moda inclusiva nos exteriores do campus de Ferrol, está organizado pola asociación sociocultural ASCM, en colaboración con alumnas do grao en Xestión Industrial da Moda do Campus Industrial de Ferrol e alumnos de diferentes ciclos formativos do IES Carvalho Calero. O proxecto está subvencionado a través da convocatoria de axudas con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF da Xunta de Galicia.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/05/2024