Actualidade

Buscador de novas
Buscar anteriores 6 meses
Filtrar por área temática:
Filtrar por departamento:
Filtrar por data:
Ten dispoñibles para consulta 519 novas da C. de Promoción do Emprego e Igualdade :
28/09/23 | 21:33  | C. de Promoción do Emprego e Igualdade

Rivo apela á unión na loita contra a violencia de xénero e destaca o impulso da xunta ás entidades veciñais que camiñan cara unha sociedade máis equitativa

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, clausurou hoxe en Ourense a presentación do programa Xuntos contra a violencia de xénero. Por unha sociedade que camiña libre, cara adiante, equitativa e sen violencia

28/09/23 | 15:49  | C. de Promoción do Emprego e Igualdade

Trenor clausurou os obradoiros de emprego de Ordes e da mancomunidade no que se formaron 40 desempregados para mellorar a súa empregabilidade

O representante do Goberno galego subliñou que estas accións brindan oportunidades aos seus beneficiarios ao abrirlles unha porta ao mundo laboral e contribuír a mellorar os servizos que se ofrecen nas contornas onde se celebran

28/09/23 | 15:18  | Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Promoción do Emprego e Igualdade

O delegado territorial da Xunta clausura o Obradoiro Dual de emprego de Vilanova co 50% dos participantes empregados

Os Obradoiros Duais de Emprego combinan a formación teórica coas prácticas remuneradas

28/09/23 | 15:17  | C. de Promoción do Emprego e Igualdade

Trenor clausurou o obradoiro de emprego Vimianzo no que se formaron 20 desempregados en carpintería e operacións auxiliares de construción

O representante do Goberno galego subliñou que os programas formativos da Xunta están orientados a cubrir as necesidades das empresas das contornas, o que permite unha posterior integración laboral máis alta

28/09/23 | 13:57  | Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Promoción do Emprego e Igualdade

Gabriel Alén destaca o compromiso da Xunta para manter o impulso da conciliación da vida persoal, laboral e familiar dos galegos

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, salientou o apoio do Goberno galego con 1.267.901,40 a 68 concellos da provincia de Ourense no desenvolvemento de programas orientados a favorecer a igualdade entre mulleres e homes, fomentar a conciliación e a corresponsabilidade e para financiar o labor dos Centros de Información á Muller (CIM) como recursos de proximidade

28/09/23 | 10:47  | C. de Promoción do Emprego e Igualdade

A Xunta destina máis dun millón de euros a contratar 33 axentes de emprego e 9 unidades de apoio en entidades sen ánimo de lucro

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de axudas para que as asociacións contribúan á inserción laboral de persoas con discapacidade ou en risco de exclusión

28/09/23 | 10:38  | C. de Promoción do Emprego e Igualdade

A Xunta impulsa a mellora e consolidación de empresas e negocios de autónomos cunha nova edición do programa Galicia Camiño Emprendedor

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, participou no Barco de Valdeorras na primeira etapa desta iniciativa que promove o mentoring combinado co reto de realizar etapas do Camiño

27/09/23 | 15:45  | C. de Promoción do Emprego e Igualdade

A Xunta fía ao emprendemento e ás microformacións laborais un rol decisivo para que Galicia sexa un lugar atractivo para traballar e iniciar unha actividade

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou na xornada Triple Hélice, organizada polo Foro Empresa Pontevedra

27/09/23 | 14:28  | C. de Promoción do Emprego e Igualdade

Rivo revalida no Porriño a aposta pola formación laboral na clausura dun obradoiro de emprego que formou a 20 persoas desempregadas

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, participou no acto de peche dunha acción na que o alumnado se formou en operacións básicas de cociña e atención a persoas dependentes

Busca avanzada
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados
Ordenar
Número de resultados por páxina: