A Xunta apoia en Sober os Xogos Autonómicos de Campo a través e petanca para persoas con discapacidade intelectual

Sober (Lugo), 11 de maio de 2024

A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, apoiou hoxe coa súa presenza en Sober a edición número 27 dos Xogos Autonómicos de Campo a Través e Petanca para persoas con discapacidade intelectual, promovidos por Special Olympics Galicia.

A directora xeral puxo en valor os arredor de 200 participantes na cita e o labor da asociación organizadora, formada por familiares de persoas con discapacidade intelectual. O seu obxectivo é avanzar na súa inclusión social a través do deporte, das actividades de tempo libre e da cultura.  

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/05/2024