A delegación da Xunta en Vigo acolle o simulacro de emerxencia no edificio administrativo

Vigo, 9 de maio de 2024

A Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Vigo acollerá este xoves o simulacro de emerxencia no edificio administrativo do Goberno galego na cidade. O simulacro que se realizará na sede da delegación durará aproximadamente unha hora e media e ten como finalidade poñer a proba o Plan de Autoprotección do edificio administrativo, ademais de formar aos centos de traballadores que cada día acoden ao seu posto de traballo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/05/2024