Arias gaba o labor da Asociación Española Contra o Cancro en Lugo e anima a colaborar hoxe na xornada de cuestación

Lugo, 19 de abril de 2024

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe na xornada de cuestación organizada pola Asociación Española contra o Cancro e mantivo un encontro coa súa vicepresidenta en Lugo, Berta Salgado, na mesa instalada na explanada da Delegación territorial.

Arias animou a colaborar na recadación de fondos, que axudan a soster o gran labor que realizan ofrecendo servizos gratuítos aos doentes e ás súas familias e apoiando a investigación.

Ao respecto, destacou o compromiso do Goberno galego por situar Galicia á vangarda na atención aos pacientes, a investigación oncolóxica e a prevención, estendendo os  programas de cribado coa recente posta en marcha do plan piloto para a detección precoz do cancro de pulmón.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/05/2024