O delegado territorial de Lugo reúnese co alcalde de Castro de Rei para valorar proxectos conxuntos no municipio

Lugo, 9 de maio de 2024

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde de Castro de Rei, Francisco Balado, para valorar a colaboración entre ambas administracións no desenvolvemento de proxectos conxuntos no municipio.

Arias destacou a cooperación da Xunta cos concellos, especialmente os rurais e de menor poboación, para ofrecer servizos e dotacións á veciñanza e equilibrar as condicións de vida e de traballo en todo o territorio.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/05/2024