López Campos participa na xuntanza do Consorcio de Santiago xunto co Goberno central e o Concello
2026-07-24
/documents/35297/2210442/20260724_Conselleiro_Cultura_Consorcio-2.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2026
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, tomou parte hoxe, na véspera do Día de Galicia, da reunión do Consello de Administración do Consorcio de Santiago, na que participou como representante do Goberno galego xunto con membros do Executivo central e do Concello.
A xuntanza, que coincide coa celebración das festas do Apóstolo na capital galega, analizou a súa actividade ás portas do Xacobeo 2027 como órgano executor das accións de preservación e revitalización do patrimonio cultural de Santiago de Compostela promovidas en conxunto polas distintas administracións.
Data de actualización: 24/07/2026