O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, mantivo unha reunión coas responsables dos catro Colexios Oficiais de Enfermería de Galicia

A Consellería de Sanidade destaca o valor dos profesionais da enfermería na atención directa cos pacientes

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2024 O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, reuniuse esta tarde coas responsables dos catro Colexios Oficiais de Enfermaría das provincias galegas que representan a profesionais que están en contacto directo cos pacientes.

A esta primeira xuntanza celebrada no Edificio Administrativo de San Lázaro, asistiron tamén a directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria, Sofía López Linares; o director xeral de Asistencia Sanitaria, Alfredo Silva Tojo; e a directora xeral de Recursos Humanos, Mar Pousa Cobas.

Por parte dos colexios profesionais, participaron a presidenta do Colexio Oficiais de Enfermaría da Coruña, Inés López Carral; a presidenta en funcións de Lugo, Lourdes Bermello López, e a presidenta electa de Lugo, Eva Gómez Fernández; a presidenta de Ourense, Ascensión Pérez Sampayo; e a vicepresidenta de Pontevedra, María Sol Montenegro.

No encontro, Gómez Caamaño destacou o papel do persoal de enfermería nas distintas campañas de vacinación ao contribuír ao éxito da sanidade pública galega como líder nacional en coberturas vacinais. Así mesmo, o titular da carteira sanitaria do Goberno

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/05/2024