Rueda recibe ao Leyma Basquet Coruña tras o seu ascenso á Liga ACB

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, recibiu esta mañá en Santiago aos xogadores e membros da directiva do Leyma Basquet Coruña tras o seu ascenso á liga ACB. “Estamos moi orgullosos”, resaltou para lembrar que a vindeira tempada serán dous os “equipos galegos que xoguen na máxima categoría” do baloncesto profesional en España.

Acompañado polo conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, o titular do Goberno autonómico felicitou ao equipo e ao corpo técnico polo traballo realizado durante toda a tempada, agradeceulles a súa aposta “pola canteira” e a súa contribución a facer “marca Galicia” alá onde disputen un encontro. “Ides representarnos, levar o nome da vosa cidade e de Galicia” fóra da comunidade, resaltou. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 13/05/2024