Diego Calvo recibe a consulesa xeral de Francia en Bilbao

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2024

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego calvo, mantivo hoxe unha reunión coa consulesa xeral da República Francesa en Bilbao, Marianne Carré, na que se abordaron as relacións bilaterais entre Galicia e Francia, así como a situación dos cidadáns franceses na comunidade galega, un colectivo estimado en máis de 1.600 persoas. Tamén se tratou a próxima visita do embaixador da República Francesa en España, Jean-Michel Casa, e outras cuestións xerais, como as eleccións europeas que se celebrarán en xuño deste ano.

Na xuntanza Marianne Carré estivo acompañada pola consulesa xeral de Francia na Coruña, Mónica Dotras. O encontro enmárcase nunha rolda de visitas da consulesa xeral ás comunidades que se atopan baixo a xurisdición do Consulado Xeral de Bilbao, que ten como misión brindar asistencia aos cidadáns franceses en España. Ademais, desenvolve os labores relacionados coa administración francesa, asuntos sociais e militares.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/05/2024