A Xunta e o Concello de Beariz avalían o proxecto para dotar de saneamiento o núcleo de ratel

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2024

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Beariz, Manuel Prado, avaliaron esta mañá o proxecto municipal para dotar de saneamento o núcleo de Ratel.

Durante unha reunión que mantiveron en Santiago de Compostela, estudaron a actuación prevista, que ten como obxectivo recoller as augas residuais deste núcleo de poboación e tratalas nunha foxa séptica. A maiores, acordaron que Augas de Galicia avaliará unha proposta de actuación na rede de saneamento municipal que proximamente remitirá o Concello.

Deste xeito, a Xunta continúa prestando o seu apoio técnico e económico aos concellos para que poidan exercer as súas competencias de saneamento e abastecemento de xeito máis eficiente e prestar servizos de calidade aos seus veciños.

A maiores, no encontro tamén abordaron outras cuestións como a xestión de residuos ou a conservación do patrimonio natural. Nesa liña, cómpre lembrar que Beariz forma parte da ZEC Serra do Cando e Serra do Candán, incluída dentro da Rede Natura.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/05/2024