Actualidade

Buscador de novas
Buscar anteriores 6 meses
Filtrar por área temática:
Filtrar por departamento:
Filtrar por data:
Ten dispoñibles para consulta 276 novas da área temática Medio ambiente :
20/03/23 | 14:45  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

A Xunta fixa a nova tempada de pesca da anguía na desembocadura do río Ulla entre o 1 de abril e o 30 de setembro de 2023

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publica hoxe no DOG a resolución pola que se renova o plan de aproveitamento específico desta especie

19/03/23 | 12:39  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

A tempada de pesca comeza en Galicia con máis de 12.000 afeccionados exentos de pagar as taxas por licenza

Ángeles Vázquez subliña que esta exención, unha medida introducida coa nova Lei de pesca continental para os menores de idade e o colectivo de maiores de 65 anos, beneficia xa en Galicia a un de cada tres pescadores con licenza en vigor

18/03/23 | 13:00  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

A Xunta salienta a mellora paisaxística que suporá para o concello de Cervo o acondicionamento da nova praza do Barrio da Atalaia

Ángeles Vázquez explica que esta actuación conta cun orzamento de máis de 535.000 euros, dos que a Xunta aporta o 70 % e o Concello asume o 30 % restante xa que se realiza ao abeiro do plan Hurbe

17/03/23 | 14:32  | C. do Mar

Rosa Quintana enxalza o intenso labor da comunidade científica para avanzar no coñecemento da gran biodiversidade mariña de Galicia

A titular de Mar salientou a importancia de contar con traballos de investigación exhaustivos para coidar os hábitats e especies únicas coma estas así como educar á sociedade sobre a súa relevancia no ecosistema

16/03/23 | 14:50  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

A Xunta e Ecoembes completan a implantación en Galicia da recollida selectiva de envases lixeiros e papel-cartón

Sagrario Pérez salienta que unha gran maioría dos galegos están xa totalmente comprometidos coa xestión sustentable e eficiente dos residuos urbanos e cun consumo máis responsable nos seus fogares

15/03/23 | 15:47  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

A Xunta expón ante a Convención Marco da ONU as estratexias de Galicia fronte ao cambio climático

O Goberno galego foi seleccionado para compartir a súa experiencia xunto ás comunidades autónomas da Rioxa, Andalucía, Murcia e País Vasco

14/03/23 | 15:17  | A Presidencia da Xunta; Vicepresidencia primeira e C. de Economía, Industria e Innovación

Rueda salienta o potencial de Galicia como centro industrial e loxístico do sector emerxente da eólica mariña

Considera o desenvolvemento da eólica mariña unha “grande oportunidade” que vai xerar riqueza e empregos, polo que insta a “non deixala pasar”
 

13/03/23 | 16:05  | A Presidencia da Xunta; C. de Infraestruturas e Mobilidade

Rueda ratifica a aposta de Galicia polas infraestruturas do norte peninsular para sumar competitividade tanto no transporte de mercadorías como do hidróxeno verde

Avoga por potenciar as comunicacións ferroviarias entre as Comunidades autónomas do norte para colocarse na primeira liña de saída perante os retos que se presentan a través dos Next Generation e as enerxías renovables

13/03/23 | 15:17  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

A Alianza galega polo clima, impulsada pola Xunta, acada as 50 entidades adheridas en menos dun ano

Ángeles Vázquez anuncia que se está a preparar un encontro entre os membros adheridos para seguir creando sinerxías de cara a avanzar no obxectivo de acadar unha Galicia neutra en emisións de CO2

13/03/23 | 13:40  | C. de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

A Xunta incorpora 722 novos elementos ao inventario de zonas húmidas de Galicia

Este rexistro foi concibido para recoller información sobre a localización, superficie, valores e estado destas zonas, datos clave para planificar a súa xestión

Busca avanzada
Insira un texto para a busca:
En todo o contido
Presentación de resultados
Ordenar
Número de resultados por páxina: