Javier Arias participa na presentación da terceira edición da Liga senior 3x3 da Fundación Breogán

Lugo, 22 de maio de 2024

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe na presentación da III Liga Senior 3x3 organizada pola Fundación Breogán, iniciativa da que formará parte como integrante dun dos equipos.

Arias gabou o labor que realiza a Fundación que dirixe Salva Arco para divulgar os valores e a práctica do deporte e promocionar o Club Baloncesto Breogán, “que por historia e por afección é un referente identitario da nosa provincia”.

A Liga Senior disputarase na pista principal do Pazo Dos Deportes os días 24 e 31 de maio e 7 de xuño; a fase final terá lugar o 9 de xuño na Praza Augas Férreas. Nas dúas edicións anteriores sumou máis de 120 participantes.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 22/05/2024