Galicia solicítalle ao Ministerio de Sanidade a convocatoria dun Consello Interterritorial Extraordinario para abordar a falta de profesionais de atención primaria no verán

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, remitiu esta mañá un escrito á ministra, Mónica García, con esta petición

Esta demanda súmase á doutros conselleiros autonómicos, ante a preocupación xeneralizada pola necesidade urxente de cubrir a falta de profesionais sanitarios no verán

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2024Galicia vén de solicitarlle ao Ministerio de Sanidade a convocatoria urxente dun Consello Interterritorial Extraordinario para abordar de xeito monográfico a falta de profesionais de atención primaria neste verán.

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, remitiu esta mañá un escrito á ministra, Mónica García, con esta petición.

A falta de médicos, principalmente médicos de familia e pediatras de atención primaria, é un problema xeneralizado, non só de Galicia, senón do conxunto de España que preocupa ás autoridades sanitarias.

Co escrito remitido, Galicia súmase a outras comunidades autónomas para demandar do Ministerio solucións urxentes para cubrir a falta de profesionais sanitarios neste verán, un asunto de competencia estatal e ao que o Ministerio non ten dado resposta, a pesar dos continuos requirimentos que se lle teñen feito.

Data de actualización: 23/05/2024