Un total de 147 ciclos e másteres de FP de 31 centros impartiranse nunha lingua estranxeira o próximo curso

A Xunta autoriza a incorporación de 75 ciclos e cinco másteres plurilingües novos, que se engaden aos 67 que comezaron o ano pasado e que continuarán o próximo en 2º curso

Desenvolverán unha parte do seu currículo en inglés, francés, alemán, italiano ou portugués

Con carácter xeral, os ciclos na modalidade de FP Dual incorporarán módulos de lingua estranxeira profesional

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2024

Un total de 147 ciclos e másteres de Formación Profesional de 31 centros desenvolverán parte do seu currículo nunha lingua estranxeira no vindeiro curso 2024-25. A Xunta publica no Diario Oficial de Galicia a resolución definitiva pola que se autoriza a incorporación dun total de 75 ciclos formativos e cinco másteres plurilingües novos que comezan a partir de setembro, e que se engaden aos 67 que xa comezaron o ano pasado e que continúan no 2º curso.

En 66 deles a formación realizarase a través de módulos en inglés, algúns deles combinados con outros idiomas como  francés, italiano ou alemán, e en sete a formación será en portugués.

Deste xeito, este ano haberá en Galicia un total de 31 centros con esta oferta a razón de 13 na provincia da Coruña, tres en Lugo, catro en Ourense, e 11 en Pontevedra. Aos centros autorizados no curso pasado para impartir ciclos plurilingües incorpóranse o Centro Integrado de FP CIFP Imaxe e Son (A Coruña), o Colexio CPR Plurilingüe San Fermín (Caldas de Reis), o Instituto IES A Guía (Vigo), o Colexio CPR Daniel Castelao (Vigo) e o Instituto  IES Luís Seoane (Pontevedra). Estas ensinanzas correspóndense con 80 titulacións diferentes de FP que impartirán parte do seu currículo nunha lingua estranxeira neste curso 2024/25. Ademais con carácter xeral, os ciclos na modalidade de FP Dual incorporarán módulos de Lingua estranxeira profesional.

Mellora das competencias lingüísticas

Os  ciclos formativos e másteres de FP plurilingües teñen como finalidade a mellora das competencias lingüísticas do alumnado de FP co obxectivo de mellorar a súa inserción laboral e a  competitividade dos sectores produtivos. Neste sentido, o desenvolvemento de habilidades de comunicación oral e escrita en linguas estranxeiras facilitará o desempeño laboral dos titulados no espazo europeo, na liña de internacionalización da FP que está a impulsar a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional a través de iniciativas como o programa Erasmus+.

Ciclos formativos de FP Dual Intensiva

Ademais, dado que o coñecemento de linguas estranxeiras constitúe un requisito fundamental das empresas á hora de seleccionar o mellor talento, e atendendo así a demanda desta habilidade por parte das empresas colaboradoras,  na modalidade de FP Dual Intensiva un total de 233 ciclos terán módulos de Lingua estranxeira profesional o vindeiro curso.

Os novos proxectos formativos plurilingües autorizados para o curso 2024-25 son os reflectidos na seguinte táboa:

Provincia

 

Concello

Centro

Ciclo / Máster

Idioma incorporado

A Coruña

A Coruña

CPR Afundación A Coruña

Asistencia á dirección

Inglés

A Coruña

Culleredo

CIFP Universidade Laboral

Acceso e conservación en instalacións deportivas

Inglés

 

Modelaxe da información da construción (BIM)

Inglés

 

Fabricación intelixente

Inglés

 

Enerxías renovables

Inglés

 

Automatización e robótica industrial

Inglés (1º)

 

Alemán (2º)

 

Prevención de riscos profesionais

Portugués (1º)

 

 

Inglés (2º)

 

Mecatrónica industrial

Inglés

A Coruña

Santiago de Compostela

IES Plurilingüe Rosalía de Castro

Guía, información e asistencia turísticas

Inglés (1º)

 

Francés (2º)

A Coruña

Santiago de Compostela

CIFP Politécnico de Santiago

Laboratorio de análise e de control de calidade

Inglés

A Coruña

Santiago de Compostela

CIFP Compostela

Preimpresión dixital

Inglés

 

Xestión de aloxamentos turísticos

Inglés

 

Dirección de cociña

Inglés

 

Dirección de servizos de restauración

Inglés

A Coruña

Ferrol

CIFP Leixa

Deseño e edición de publicacións impresas e multimedia

Inglés

 

Animación sociocultural e turística

Inglés

A Coruña

Santiago de Compostela

IES San Clemente

Sistemas microinformáticos e redes

Portugués

 

Administración de sistemas informáticos en rede

Portugués

 

Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma

Inglés

 

Desenvolvemento de aplicacións web

Inglés

A Coruña

Coristanco

EFAG Fonteboa

Guía no medio natural e de tempo libre

Inglés

 

Gandaría e asistencia en sanidade animal

Inglés

 

Transporte e loxística

Inglés

A Coruña

A Coruña

CIFP Ánxel Casal - Monte Alto

Audioloxía protésica

Inglés

A Coruña

A Coruña

CIFP Someso

Programación da produción en fabricación mecánica

Inglés

A Coruña

Pontedeume

CIFP Fraga do Eume

Dirección de servizos de restauración

Portugués

A Coruña

Santiago de Compostela

IES A Pontepedriña

Comercio internacional

Inglés

A Coruña

A Coruña

CIFP Imaxe e Son

Animacións 3D, xogos e contornos interactivos

Inglés

Lugo

Lugo

CIFP Politécnico de Lugo

Ensinanza e animación sociodeportiva

Inglés

Lugo

Lugo

CIFP As Mercedes

Mantemento aeromecánico de avións con motor de turbina

Inglés

 

Automoción

Inglés

 

Eficiencia enerxética e enerxía solar térmica

Inglés

 

Mantemento de instalacións térmicas e de fluídos

Inglés

 

Xestión de vendas e espazos comerciais

Inglés

 

Márketing e publicidade

Inglés

Lugo

Monforte de Lemos

IES A Pinguela

Desenvolvemento de aplicacións web

Inglés

Ourense

Ourense

CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel

Química e saúde ambiental

Inglés

 

Laboratorio clínico e biomédico

Inglés

 

Hixiene bucodental

Inglés

 

Administración de sistemas informáticos en rede

Portugués

 

Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma

Inglés

 

Desenvolvemento de aplicacións web

Inglés

 

Cultivos celulares

Inglés

Ourense

Ourense

CIFP A Farixa

Guía, información e asistencia turísticas

Inglés

 

Produción de audiovisuais e espectáculos

Italiano (1º)

 

Inglés (2º)

Ourense

Vilamarín

CIFP de Vilamarín

Servizos en restauración

Inglés

 

Dirección de cociña

Inglés

 

Dirección de servizos de restauración

Inglés

Ourense

Ourense

CIFP Portovello

Asistencia á dirección

Inglés

 

Xestión de vendas e espazos comerciais

Inglés

 

Animación sociocultural e turística

Inglés

 

Atención a persoas en situación de dependencia

Portugués

Pontevedra

Caldas de Reis

CPR Plurilingüe San Fermín

Actividades comerciais

Inglés

Pontevedra

A Estrada

IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez

Administración e finanzas

Inglés

Pontevedra

Vigo

CPR Plurilingüe San Miguel 2

Informática e comunicacións

Inglés

 

Informática de oficina

Inglés

Pontevedra

Vigo

IES A Guía

Comercio internacional

Inglés

 

 

 

Márketing e publicidade

Inglés

Pontevedra

Vigo

CPR Daniel Castelao

Electricidade e electrónica

Inglés

 

 

 

Servizos administrativos

Inglés

 

 

 

Instalacións eléctricas e automáticas

Inglés

 

 

 

Xestión administrativa

Inglés

 

 

 

Sistemas microinformáticos e redes

Inglés

 

 

 

Administración e finanzas

Inglés

 

 

 

Administración de sistemas informáticos en rede

Inglés

 

 

 

Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma

Inglés

Pontevedra

Vigo

CIFP Manuel Antonio

Química industrial

Inglés

 

Anatomía patolóxica e citodiagnóstico

Inglés

Pontevedra

Vilagarcía de Arousa

CIFP Fontecarmoa

Transporte e loxística

Inglés

 

 

 

Comercio internacional

Inglés

Pontevedra

Vigo

CIFP Valentín Paz Andrade

Deseño e amoblamento

Portugués

 

Fabricación aditiva

Inglés

Pontevedra

O Porriño

IES Ribeira do  Louro

Administración e finanzas

Inglés

 

Comercio internacional

Inglés

Pontevedra

Pontevedra

IES Luís Seoane

Comercio internacional

Inglés

Pontevedra

Pontevedra

CIFP Carlos Oroza

Panadaría e bolaría artesanais

Inglés

 

Cociña e restauración

Inglés

 

Xestión de aloxamentos turísticos

Inglés

 

Guía, información e asistencia turísticas

Inglés

 

Panadaría, repostaría e confeitaría

Inglés

Data de actualización: 31/07/2024