A Xunta reedita o seu apoio ao ‘Verbena Fest’, que se celebrará este sábado en Sarria
Lugo, 1 de agosto de 2024
A Xunta de Galicia reedita o seu apoio ao Verbena Fest, que un ano máis se celebrará no local O Meigallo de Sarria. A cita será este sábado a partir das 19.00 horas, e os encargados de inaugurar esta sexta edición serán os DJ Grande Osso, aos que seguirán Futuro Alcalde -a última incorporación ao cartel-, Louband, Carlangas e Grande Amore.
O acto de presentación tivo lugar hoxe no propio establecemento e contou coa presencia do delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e a directora territorial de Emprego, Comercio e Emigración, Carmen José López, entre outros. Arias destacou que a proposta “estase a consolidar como unha das citas de música indie máis importantes da provincia” e gabou a súa aposta polos artistas galegos.