Román Rodríguez celebra o irmandamento entre a Feira do Cocido de Lalín e a Festa do Albariño de Cambados
2024-08-03
/documents/35297/1427825/20240803RomanRodriguezAlbarino1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Cambados (Pontevedra), 3 de agosto de 2024
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, asistiu hoxe ao acto de irmandade entre a Feira do Cocido de Lalín e a Festa do Albariño de Cambados. Durante o evento recoñeceuse a importancia de ambas as dúas festividades, recoñecidas como Festas de Interese Turístico, por elevar o valor dos produtos galegos e a tradición de elaboralos que se traspasa xeración tras xeración.
Data de actualización: 03/08/2024