Miguel Corgos asiste á Festa do Galo Piñeiro, símbolo da calidade gastronómica do Pino e do respecto ás tradicións dos seus veciños
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, foi a pregoeira da XXIII edición da Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar - XIV Feira Celta que se celebra todos os anos neste concello da comarca de Arzúa
O Pino (A Coruña), 4 de agosto de 2024
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, asistiu hoxe á Festa do Galego Piñeiro, símbolo da calidade gastronómica do concello do Pino e do respecto ás tradicións dos seus veciños.
No acto, Miguel Corgos foi testemuña da lectura do pregón da XXIII edición da Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar - XIV Feira Celta, que correu a cargo da delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo. A representante do Goberno autonómico destacou que esta cita gastronómica e cultural é a máis importante do municipio e unha das máis representativas da comarca de Arzúa. Ao evento tamén asistiu a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez.
Os representantes do Goberno galego valoraron que o galo piñeiro se convertera “nun símbolo” do municipio e de toda a comarca, xa que de ser unha especie en perigo de desaparición, pasou a ser unha garantía de calidade gastronómica.
Coincidindo con esta celebración, o Concello entregou os premios aos gañadores dos diferentes apartados dos mellores exemplares de galos e galiñas.
Xunto á exaltación do galo piñeiro, O Pino organiza tamén unha das máis importantes mostras cabalares de Galicia na que compiten os mellores exemplares equinos, tal e como puideron admirar os representantes do Goberno galego.